Inicio O Concello Axenda institucional O alcalde e a concelleira de Normalización...

O alcalde e a concelleira de Normalización Lingüística asisten á celebración do Día dos Medios en Galego

Venres 7 de febreiro do 2020 20.30 horas - Casino1889

Carballo acolle a celebración do Día dos Medios en Galego. Unha celebración ratificada no Parlamento Galego que se celebra cada ano co gallo da saída ás rúas da primeira publicación xornalística realizada integramente en galego, O Tío Marcos d’A Portela, editado en Ourense por Valentín Lamas Carbajal en 1876.

O acto será presentado pola regueifeira de Bergantiños, Lupe Blanco, estará amenizado por Avelino González, e contará a participación da Deputada da área de Igualdade e Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, María Muíño Filgueira; o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García; e o alcalde do Concello de Carballo, Evencio Ferrero. Ademais, intervirá a concelleira de Normalización Lingüística, Maruxa Suárez.

Despois duns petiscos, pechará o acto a banda muradá Terbutalina

Compartir: