Inicio O Concello Axenda institucional Carballo conmemora o Día Mundial contra o...

Carballo conmemora o Día Mundial contra o Cancro iluminando de cor verde a Casa do Concello

Martes 4 de febreiro do 2020 20.00 horas - Praza do Concello

O Concello de Carballo volverá a sumarse neste 4 de febreiro á conmemoración do Día Mundial contra o Cancro e a amosar o seu apoio á xunta local da Asociación Española contra o Cancro iluminando de cor verde a Casa do Concello. As persoas que queiran sumarse poderán achegarse ás 20.00 horas ata a Praza do Concello.

Desde o ano pasado, a campaña do Día Mundial contra o Cancro leva por lema "Eu son e vou...", facendo un chamamento a calquera persoa para actuar contra o cancro. Calquera acción individual pode supoñer un cambio a nivel global, e isto é o que se quere reflectir. No Día Mundial contra o Cancro, quen é vostede e que vai facer?

Compartir: