Reunión do alcalde coa conselleira de Infraestruturas
Venres 9 de agosto do 2019 11.30 horas - Delegación Territorial da Xunta
O alcalde e a conselleira, na senda de Bértoa
O alcalde de Carballo reunirase o venres 9 de agosto, ás 11.30 horas, na Coruña coa conselleira de Infraestruturas e Mobilidade para tratar sobre a circunvalación. Evencio Ferrero envioulle a Ethel Vázquez, aos poucos días da constitución da actual corporación municipal, o pasado 15 de xuño, un escrito solicitando unha xuntanza para falar sobre a “necesaria e demandada” variante.
Tras o compromiso expresado pola Consellería de Infraestruturas no Parlamento de Galicia de incluír unha primeira fase desta necesaria infraestrutura nos Orzamentos da Xunta de Galicia para o vindeiro ano, Evencio Ferrero pretende coñecer en detalle as previsións do departamento que dirixe Ethel Vázquez “para avaliar a materialización desta necesaria e urxente circunvalación e prestar a nosa colaboración institucional para facela realidade canto antes”.