Toma de posesión dos novos membros da corporación municipal
Sábado 15 de xuño do 2019 12.00 horas - Casa do Concello
Imaxe da toma de posesión de Evencio Ferrero no 2015
Este sábado 15 de xuño celébrase o pleno de constitución da nova corporación municipal de Carballo, no que tomarán posesión os representantes dos distintos grupos políticos segundo a representación acadada nas recentes eleccións municipais: 12 concelleiros/as do BNG, 4 do PP, 3 do PSOE e 2 de TeGa.
A sesión plenaria, que comezará ás 12.00 horas, é pública.