Penúltima sesión ordinaria do pleno da corporación neste mandato
Luns 25 de marzo do 2019 20.30 horas - Casa do Concello
Evencio Ferrero e Milagros Lantes informaron sobre os asuntos do pleno
A corporación municipal de Carballo reunirase o luns 25 de marzo. Será o penúltimo pleno ordinario do mandato, como lembrou o alcalde, Evencio Ferrero, na presentación dos asuntos que se abordarán xunto á concelleira de Planificación e Mobilidade Urbana, Contratación e Seguridade, Milagros Lantes.
Na orde do día só figuran catro asuntos, e dous deles son propostas de bonificación no ICIO a dúas empresas. En ámbolos casos, a rebaixa acada o 70% do importe da cota íntegra. Outro dos temas que abordará a corporación é a adhesión do Concello de Carballo ao convenio entre a FEMP e a AEAT en materia recadatoria, un acordo que, en palabras do alcalde, outorga gran flexibilidade á Administración local. Por último abordarase a revisión de prezos do servizo de recollida e transporte de lixo, punto limpo e canceira.
A convocatoria pode descargarse máis abaixo.