Acto de inauguración da exposición O traxe do país. Poñendo en valor o noso traxe tradicional
Xoves 12 de maio do 2016 Pazo da Cultura - 20.30 h.
Día da Muiñeira (Foto: Ana García)
O 3º andar do Pazo da Cultura de Carballo acolle o acto de inauguración da mostra "O traxe do país. Poñendo en valor o noso traxe tradicional" a partir das 20.30 horas. Está prevista a presenza do Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; do Concelleiro de Cultura, Marcos Trigo; de Ana Nogareda, membro da Asociación Cultural Argazo; e de Alberto Golpe Beceiro, un dos maiores investigadores do traxe tradicional galego que actualmente temos en Galicia e dono da colección exposta.