Inicio O Concello Axenda institucional Visita a Carballo da coordinadora da Rede de...

Visita a Carballo da coordinadora da Rede de Cidades que Camiñan

Sábado 2 de febreiro do 2019 11.30 horas - Casa do Concello

A coordinadora da Rede de Cidades que Camiñan, Ana Montalbán, realiza o sábado 2 de febreiro unha visita a Carballo dentro da xira que está facendo por Galicia. Ás 11.30 será recibida polo alcalde, Evencio Ferrero, na Casa do Concello, onde tamén atenderá aos medios de comunicación a partir das 12.00 horas. A continuación realizará un percorrido urbano acompañada pola concelleira de Planificación e Mobilidade Urbana, Milagros Lantes.

Compartir: