Sesión extraordinaria da Xunta de Goberno Local
Mércores 2 de xaneiro do 2019 13.30 horas - Casa do Concello
A primeira Xunta de Goberno Local do ano 2019 celébrase o mércores 2 de xaneiro. Na orde do día figuran, principalmente, licenzas urbanísticas, aínda que tamén se aprobarán convenios co IES Alfredo Brañas e o CEIP Gándara-Sofán para utilizar as súas instalacións deportivas fóra do horario lectivo. Todos os asuntos que integran a orde do día, na convocatoria adxunta.