Sesión extraordinaria do pleno da corporación
Luns 17 de decembro do 2018 20.30 horas - Casa do Concello
Belén Lendoiro e Evencio Ferrero presentaron os orzamentos
A aprobación dos orzamentos para o ano 2019 é o tema central do pleno que celebrará o luns 17 a corporación municipal. A sesión adiántase con respecto á súa data habitual debido a que o último luns deste mes é o día de Fin de Ano. Ademais dos orzamentos, os grupos municipais debaterán sobre as obras do Plan Único POS+, xunto cos outros asuntos que figuran na convocatoria adxunta.