Inicio O Concello Axenda institucional Sesión ordinaria do pleno da...

Sesión ordinaria do pleno da corporación

Luns 26 de novembro do 2018 20.30 horas - Casa do Concello

Maica Ures e Evencio Ferrero, hoxe venres

Maica Ures e Evencio Ferrero, hoxe venres

O pleno da corporación reunirase o luns 26 en sesión ordinaria para abordar os asuntos que figuran na convocatoria adxunta. Entre eles, o alcalde, Evencio Ferrero, e a concelleira de Igualdade e Benestar, Maica Ures, destacaron este venres en rolda de prensa a Declaración Institucional do 25 de Novembro, Día Internacional da Eliminación da Eliminación da Violencia contra as Mulleres e as Nenas, que este ano inclúe achegas realizadas polo Partido Popular.

Na sesió ordinaria tamén se someterá a debate para a súa aprobación inicial a ordenanza municipal reguladora do tráfico, a mobilidade e a seguridade viaria no Concello de Carballo, que estivo en exposición pública previa sen que se recibise achega algunha por parte da poboación. O borrador da ordenanza tamén está dispoñible máis abaixo.

A permuta dun terreo para camiño público en O Salto (Vilela), tres solicitudes de compatibilidade de profesores do CMUS e unha moción de TeGa sobre a accesibilidade na rúa Blanco Amor completan a orde do día.

Descargas

Compartir: