Inicio O Concello Axenda institucional Sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local

Sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local

Luns 19 de novembro do 2018 13.30 horas - Casa do Concello

A Xunta de Goberno aprobará na sesión ordinaria do 19 de novembro o expediente relativo ao contrato privado de adquisición de terreos sitos nas inmediacións da capela e o cemiterio de San Xosé de Alborín, na parroquia de Rus, con destino a aparcamento e outros usos comunitarios.

En materia de contratación tamén se porán en marcha os procedementos de licitación das obras de reurbanización da rúa Concepción Arenal e as redes de abastecemento de auga e saneamento de Figueroa e Outeiro (Sísamo). Ademais será adxudicado o proxecto de conservación e rehabilitación do Museo de Bergantiños e da Biblioteca Municipal.

A orde do día completa figura na convocatoria adxunta.

Descargas

Compartir: