Inicio O Concello Axenda institucional A concelleira de Planificación e...

A concelleira de Planificación e Mobilidade Urbana participa nunha xornada sobre urbanismo sostible en Lalín

Venres 23 de novembro do 2018 09.00 a 14.00 horas - Concello de Lalín

Milagros Lantes Seara

Milagros Lantes Seara

A concelleira de Planificación e Mobilidade Urbana, Milagros Lantes, será unha das poñentes na II Xornada Técnica Urbanismo Sostible en Galicia, que se celebrará o venres 23 en Lalín. A súa intervención, na que estará acompañada pola arquitecta Iria Pérez Miranda, centrarase no Plan Especial de Protección, Infraestruturas e Dotacións en Arnados-Razo.

O obxectivo da xornada, organizada polo Concello de Lalín, é revisar a situación actual do urbanismo en Galicia, dar a coñecer as diferentes propostas que están a desenvolver os concellos para mellorar o desenvolvemento do territorio e abordar os novos enfoques e ferramentas que están incorporando ao seu traballo os/as profesionais do urbanismo e da xestión urbana.

A xornada comezará ás 09.00 horas e o programa completo pode consultarse aquí.

Compartir: