O alcalde asiste na Academia Galega de Seguridade Pública a un acto de homenaxe a José Luis Garea
Venres 26 de outubro do 2018 12.30 horas - A Estrada
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, participa hoxe na Estrada, na sede da Academia Galega de Seguridade Pública, nun acto de recoñecemento e homenaxe a José Luis Garea, policía local falecido o ano pasado en acto de servizo, organizado pola propia AGASP e a Vicepresidencia da Xunta de Galicia.
No acto procederase á entrega de placa individual e medallas ao mérito, distintivos de permanencia e diplomas ao alumnado da 10ª promoción de Policía Local.