Sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local
Luns 22 de outubro do 2018 13.30 horas - Casa do Concello
A Xunta de Goberno Local aprobará os expedientes de contratación de dúas novas obras de mellora viaria: a reurbanización da contorna do Fórum Carballo e o asfaltado dos accesos a vivendas en todas as parroquias do concello.
En materia de contratación tamén serán adxudicadas as dúas fases das obras de reurbanización da rúa Cándido González Tiradas.
A orde do día completa pode consultarse no documento adxunto.