A Xunta de Goberno Local inicia o proceso de contratación do abastecemento de auga a Oza e Razo
Luns 10 de setembro do 2018 13.00 horas - Casa do Concello
A Xunta de Goberno Local aprobará na súa xuntanza ordinaria do luns 10 de setembro o inicio do expediente de contratación das obras de abastecemento de auga ás parroquias de Oza e Razo, incluídas nos orzamentos deste ano cunha partida de 1,7 millóns de euros.
O resto dos asuntos que integran a convocatoria figuran no documento adxunto.