Sesión ordinaria do pleno da corporación
Luns 3 de setembro do 2018 20.30 horas - Casa do Concello
A corporación municipal de Carballo celebra o primeiro luns de setembro, como é costume, a sesión ordinaria de pleno correspondente ao mes de agosto.
O alcalde, Evencio Ferrero Rodríguez, e a concelleira Belén Lendoiro Esmorís, presentaron os asuntos que integran a orde do día, que figura no documento adxunto.
Ademais das habituais cuestións de trámite, na convocatoria figuran a cesión formal ao Consorcio provincial contra incendios dos terreos ocupados polo parque de bombeiros, a base de Protección Civil e a propia sede do consorcio, e o peche do procedemento de desafectación das antigas vivendas dos mestres para darlles un uso social.