Inicio O Concello Axenda institucional O pleno aproba os primeiros acordo regulador e...

O pleno aproba os primeiros acordo regulador e convenio colectivo da historia do Concello

Luns 30 de xullo do 2018 20.30 horas - Casa do Concello

Sinatura do convenio e o acordo regulador, o pasado 21 de xuño

Sinatura do convenio e o acordo regulador, o pasado 21 de xuño

O 21 de xuño foron asinados or primeiros convenio colectivo do persoal laboral e acordo regulador das condicións de emprego do persoal funcionario, dous documentos esenciais para a ordenación dos recursos humanos e que suporán unha mellora nas condicións de traballo dos empregados municipais e a súa optimización, ao tempo que garantirán e potenciarán o bo funcionamento e a cobertura dos servizos a prestar. Ámbolos documentos serán aprobados o luns 30 de xullo polo pleno da corporación.

Na orde do día da sesión figuran, ademais, outros asuntos que aparecen na convocatoria adxunta, entre eles unha declaración institucional a respecto da sentencia ditada contra os membros da Manada.

Descargas

Compartir: