Sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local
Luns 30 de xullo do 2018 13.00 horas - Casa do Concello
A Xunta de Goberno Local adxudicará na súa reunión do luns 31 de xullo as obras de dúas rúas na zona de Pedra Furada, unha das actuacións illadas previstas no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). As obras serán financiadas con cargo ao POS + Adicional e consistirán na reurbanización das rúas situadas entre Alcalde Peinador e Alcalde Bolón, por unha banda, e entre Alcalde Bolón e Alcalde Monteagudo, por outra. Son vías nas que practicamente non existe ningún servizo e mesmo están sen pavimentar.
O resto dos asuntos figuran na convocatoria adxunta.