Inicio O Concello Axenda institucional Acto conmemorativo das primeiras sentenzas en...

Acto conmemorativo das primeiras sentenzas en galego ditadas no partido xudicial de Carballo

Xoves 12 de xullo do 2018 13 horas - Edificio dos Xulgados

A Irmandade Xurídica Galega (Ixuga), a Xunta de Galicia e o Concello de Carballo celebran no edificio dos xulgados un acto conmemorativo das primeiras sentenzas ditadas en lingua galega pola maxistrada Carme Pose Amado, do partido xudicial de Carballo.

O acto, que inclúe a descuberta dunha placa no edificio xudicial, celebrarase ás 13.00 horas coa participación da maxistrada Carme Pose; o presidente da Ixuga, Xoaquín Monteagudo; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero.

Compartir: