Inicio O Concello Axenda institucional Evencio Ferrero asiste ao Día do Respiro...

Evencio Ferrero asiste ao Día do Respiro Familiar de Afaber

Sábado 16 de xuño do 2018 14.30 horas - Xardín das Camelias

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e a concelleira de Igualdade e Benestar, Maica Ures, asisten ao Día do Respiro Familiar organizado pola Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Bergantiños, Afaber, no Xardín das Camelias. A celebración consistirá nunha gran churrascada para todos os/as socios/as e familiares.

Durante a xornada os asistentes poderán gozar das fotografías das actividades e dos diferentes traballos elaborados polos usuarios do centro.

Compartir: