Recepción do alcalde aos equipos do Club de Baloncesto Artai
Sábado 16 de xuño do 2018 12.00 horas - Casa do Concello
A temporada do XV aniversario do Club de Baloncesto Artai péchase este sábado 16 con varios actos e co último partido de competición oficial para os once equipos que integran o club nesta temporada, na que se bateu un récord de fichas. Os integrantes dos seguintes equipos serán recibidos ás 12.00 horas polo alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, no Concello de Carballo. No acto tamén estará presente a directora do Colexio Artai, Macarena Mato. Os equipos son os seguintes:
- Senior masculino: Campión Copa Coruña 2018
- Junior femenino: Campión Copa Coruña 2018
- Cadete masculino: Sucampeón 2ª división Galicia
- Premini masculino: Campión Copa Bergantiños 2018