O alcalde aborda con Xestur e o IGVS as necesidades de solo industrial
Mércores 25 de abril do 2018 12.30 horas - A Coruña
O alcalde, Evencio Ferrero, viaxa hoxe á Coruña para manter unha xuntanza con responsables de Xestur e do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), co obxectivo de abordar as necesidades de solo industrial e reiterar a urxencia de desenvolver a segunda fase do polígono de iniciativa pública. Nestes momentos está ocupado máis do 75% do solo, e o parque empresarial de Carballo é o que rexistra a demanda máis elevada de Galicia. De manterse o ritmo, o solo estará esgotado en menos de dous anos.