Evencio Ferrero aborda cos alcaldes de Arteixo e A Laracha unha estratexia para potenciar o solo industrial
Luns 9 de abril do 2018
Os alcaldes de Arteixo, Carballo e A Laracha celebran un encontro nesta última localidade co obxectivo de acadar unha estratexia común para potenciar os parques empresariais dos tres municipios, que forman o eixo industrial máis importante da área da Coruña. A xuntanza está convocada para as 13.00 horas.
Evencio Ferrero insiste na necesidade de ampliar o polígono de Bértoa, que volveu a bater o récord de vendas en Galicia coa adxudicación de 15 novas parcelas no último proceso realizado por Xestur. O alcalde de Carballo destaca a importancia do eixo industrial integrado polos tres concellos, e insiste en que o porto exterior de Punta Langosteira é "un plus" que se debe aproveitar.