Inicio O Concello Axenda institucional Presentación da campaña escolar...

Presentación da campaña escolar sobre o ciclo da auga

Xoves 5 de abril do 2018 12 horas - CEIP Xesús San Luís Romero

Gestagua, empresa concesionaria do servizo de augas, e  Concello de Carballo, presentan unha campaña escolar de sensibilización sobre a importancia de coidar o ciclo da auga. O acto celebrarase o xoves 5 de abril, ás 12 horas, na biblioteca do CEIP Xesús San Luís Romero, e contará coa presenza do alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; o concelleiro de Servizos, Luis Lamas; a concelleira de Educación, Mar Eirís; Benigno López, en representación de Gestagua, profesorado e equipo directivo do colexio e os 12 alumnos/as de 2º curso de Primaria aos que vai dirixida a acción. 

Para esta campaña elaborouse un material escolar que se complementará cun concurso de debuxo para que os escolares saiban quen son os “ruíns da auga” e poidan converterse en verdadeiros expertos e expertas no coidado dun recurso natural fundamental para a vida.

Compartir: