Sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local
Luns 26 de febreiro do 2018 13.30 horas - Casa do Concello
Na súa sesión ordinaria do luns 26 de febreiro, a Xunta de Goberno Local procederá á adxudicación da segunda fase das obras de reurbanización da contorna do CEIP Xesús San Luís Romero, incluidas no POS+ 2017.
Entre outros asuntos que poden consultarse na convocatoria adxunta, tamén se iniciarán os expedientes de contratación das seguintes obras:
- Reurbanización de dúas rúas na zona de Pedra Furada
- Mellora de camiños municipais 2016-2017 – AGADER
- Cubrición parque infantil do Anllóns
- Mellora da accesibilidade nas beirarrúas da rúa Laracha
- Reurbanización da rúa Cándido González Tiradas, fases I e II