Inicio O Concello Axenda institucional Sinatura do contrato de redacción do plan...

Sinatura do contrato de redacción do plan de ordenación de Pedra do Sal

Venres 9 de febreiro do 2018 12.30 horas - Alcaldía

O alcalde de Carballo asina o contrato para os traballos de redacción do plan de ordenación do núcleo de Pedra do Sal e protección do seu entorno, adxudicados á empresa Monteoliva Arquitectura SLP por 89.540 euros. A maiores, e sen custe para o Concello de Carballo, a adxudicataria comprométese a achegar ortografía dixital, xeo-referenciada, con bases de replanteo permanente; 10 infografías desde distintos puntos de vista, documentos de xestión urbanística e anteproxecto de urbanización. O prazo máximo para a redacción do plan especial será de 25 meses.

Compartir: