Inicio O Concello Axenda institucional O alcalde recibe ao sobriño-neto de...

O alcalde recibe ao sobriño-neto de Alfredo Brañas para recoller o seu legado

Mércores 7 de febreiro do 2018 12.30 horas - Alcaldía

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, recibe o mércores 7 ás 12.30 horas a Santiago González-Brañas, sobriño-neto de Alfredo Brañas, que se despraza a Carballo para facer entrega ao Concello do legado que conserva do seu antergo. Despois da recepción oficial na Casa do Concello está prevista unha visita guiada polo historiador Xan Fraga ao IES Alfredo Brañas, e un xantar posterior na taberna O Mexillón, na planta baixa da casa onde naceu Brañas.

Compartir: