Evencio Ferrero recibe ao piloto Fran Gómez Pallas antes de partir para o Dakar
Venres 29 de decembro do 2017 12 horas - Alcaldía
O alcalde de Carballo recibe ao piloto local Fran Gómez Pallas poucos días antes de que inicie a súa participación no Dakar no equipo Indupanel Dakar Team. Fran Gómez Pallas e o lugués Diego Vallejo serán os únicos galegos que intentarán cubrir os 14.000 quilómetros, en 14 etapas, que separan Lima (Perú) de Córdoba (Arxentina).
O Dakar non é unha aventura descoñecida para o piloto carballés, que con esta acadará a súa séptima participación. Evencio Ferrero desexaralle boa sorte nunha recepción aberta ás persoas afeccionadas que queiran unirse a ese desexo e/ou facerlle algunha pregunta a Fran Gómez Pallas.
A recepción será ás 12 horas na Alcaldía.