Sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local
Luns 18 de decembro do 2017 13.30 horas - Casa do Concello
A Xunta de Goberno Local abordará na súa sesión ordinaria do 18 de decembro a adxudicación das obras de mellora da rede viaria do polígono industrial de Bértoa e iniciará os trámites para a contratación dos traballos de pavimentación do núcleo de O Rodo (Oza). A orde do día completa está dispoñible no documento adxunto.