Reunión da executiva da Federación Galega de Municipios e Provincias
Mércores 13 de decembro do 2017 12 horas - Concello de Carballo
Representantes da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) celebran este mércores unha xuntanza en Carballo para preparar a comisión executiva da semana que vén. Este encontro enmárcase na rolda de reunións itinerantes que se puxo en marcha despois do verán co obxectivo de visibilizar o labor da Fegamp en todo o territorio galego.
En Carballo daranse cita o presidente da Fegamp, Alfredo García; os vicepresidentes primeiro e segundo, Alfonso Villares e Evencio Ferrero, respectivamente; o vicepresidente executivo, Manuel Mirás; o voceiro Óscar Portela; o secretario xeral, Eduardo Ramonde, e o director xeral, José Manuel Chapela.