Participación veciñal

Participación veciñal

[Casa do Concello]
Praza do Concello, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 700     
Fax: 981 702 858
secretarioalcaldia@carballo.gal

O programa “Actívate” viaxa dende Aldemunde ata Vilela

Venres 10 de febreiro do 2023

O programa Actívate volve a viaxar dun extremo a outro do noso extenso concello. A semana que vén celebrarase a última actividade en Aldemunde e a primeira en San Miguel de Vilela. Como sempre dicimos, as propostas están abertas á participación da veciñanza de todo o concello, do mesmo xeito que dende calquera parroquia, ben a través do consello parroquial ou ben a través do movemento asociativo, pode solicitarse a organización de programas semellantes. De feito, xa temos en listaxe de agarda A Brea, Cances e Bértoa.

As actividades en Vilela arrincarán o martes 14 coa primeira sesión  do curso de manexo dos teléfonos móbiles, especialmente orientado cara as persoas maiores pero aberto a todos os veciños e veciñas interesadas. As sesións serán impartidas por voluntariado da Cruz Vermella, coa que volvemos a contar este ano para seguir achegando as novas tecnoloxías á poboación con máis dificultade para acceder a elas. O obradoiro para mellorar o uso dos smartphones desenvolverase os días 14, 16 e 23, de 16.00 a 18.00 horas, no centro social de Vilela. As persoas que queiran participar aínda están a tempo de inscribirse, ou ben poñéndose en contacto co consello parroquial ou ben enviando un correo electrónico a comunicacion@carballo.gal.

O programa continuará con tres charlas teórico-prácticos que están tenddo moita aceptación. O día 27 de febreiro, coa colaboración da Policía Local, falarase sobre seguridade viaria; o 6 de marzo, sobre compostaxe doméstica, e o 13, sobre primeiros auxilios no fogar, coa participación de Protección Civil. Todas as sesións comezarán ás 17.00 horas, con entrada libre para todas as persoas interesadas.

A Policía Local falou en Aldemunde sobre seguridade viaria

A Policía Local falou en Aldemunde sobre seguridade viaria

En Aldemunde estamos a desenvolver un programa similar en colaboración coa Asociación de Veciños de Aldemunde de Arriba, e con moita participación. O día 15 remataremos o ciclo de charlas cunha intervención de Protección Civil sobre primeiros auxilios no fogar. A sesión comezarán ás 17.00 horas, con entrada libre para todas as persoas interesadas.

Compartir: