Participación veciñal

Participación veciñal

[Casa do Concello]
Praza do Concello, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 700     
Fax: 981 702 858
secretarioalcaldia@carballo.gal

Volve a Feira das Oportunidades coas mellores ofertas do comercio carballés para anticipar a chegada da primavera

35 establecementos ofrecerán, do 7 ao 13 de marzo, descontos de ata o 70%

Xoves 3 de marzo do 2022

A presentación tivo lugar na Casa do Concello

A presentación tivo lugar na Casa do Concello

O Centro Comercial Aberto (CCA) de Carballo presentou hoxe unha nova edición da Feira das Oportunidades, coas mellores ofertas para realizar a transición do inverno á primavera.

O presidente do CCA, Germán Riveiro, que estivo acompañado por outros membros da asociación e polo alcalde, Evencio Ferrero, ofreceu os datos básicos da iniciativa. Así, explicou que a Feira das Oportunidades celebrarase do 7 ao 13 de marzo nun total de 35 establecementos, utilizando un formato que, segundo comentou, foi moi ben acollido polos empresarios na última edición. Moda, calzado, deporte, xoguetes, tecnoloxía... son algúns dos numerosos sectores representados, pero o máis importante é que en todos os casos trátase de “comercio de moita calidade. A Feira das Oportunidades –engadiu- supón unha oportunidade para atopar importantes descontos, e tamén un avance da temporada”.

Estes son os negocios participantes: A Fragua, Akira, Amai Store, Atelier, Benetton, Calzados Susa, Cenor, Charanga, Confecciones San Juan, D&A Complementos, Dequip, Doces soños, DV Carballo, Ekate, Florida Centro Joya, Informática Valem, La casita de Lu, Lencería Mª José, Mímate, Miriñaque, Moda Suárez, Necos, O barco dos soños, Perfumería Garrote, Pilar Mª Paquetería, Poppy, Retoños, Sastrería Miguel, Style, Teirón, Teirón nenos, Xoguetería Merliño, Zapatería Esther, Zapatillería Isabel e Zocas. Todos estarán sinalizados para que poidas atopalos con maior facilidade.

Evencio Ferrero destacou o bo traballo da organización e desexou que durante os sete días da Feira das Oportunidades haxa moitas vendas, “que a xente vexa que o comercio de Carballo é un comercio vivo e atractivo, e que se cumpran as expectativas”.

Compartir: