Volve a Primavera en Ruta da Asociación Ambiental Senda Nova con 8 rutas a pé pola comarca
Aberta a inscrición para o primeiro percorrido, "O son do Anllóns", este domingo 18 de abril
Mércores 14 de abril do 2021
A Asociación Ambiental Senda Nova presentou o cartel da 12ª edición da Primavera en ruta, que consta de oito percorridos de sendeirismo por diferentes localizacións da comarca que se desenvolverán ata o 13 de xuño. Este é o calendario:
- 18 de abril. O SON DO ANLLÓNS (Bergantiños). O patrimonio ecolóxico dos nosos ríos dende o corazón de Bergantiños. Distancia aproximada: 20 Km. Dificultade media-baixa.
- 25 de abril. CAMIÑOS DE ALDEMUNDE (Carballo). Os segredos do bosque atlántico da Ribeira da Pena. Distancia aproximada: 7 Km. Dificultade moi baixa.
- 2 de maio. CORISTANCO HISTÓRICO (Coristanco). O latexo da historia dende as corredoiras. Distancia aproximada: 18 Km. Dificultade media.
- 9 de maio. RUTA DAS MÁMOAS (Cabana de Bergantiños). A maxia dos petróglifos e megálitos. Distancia aproximada: 14 Km. Dificultade baixa.
- 23 de maio. COSTA AGRESTE DE CERQUEDA E CAMBRE (Malpica de Bergantiños). Segredos xeolóxicos dende a caprichosa paisaxe malpicá. Distancia aproximada: 14 Km. Dificultade baixa.
- 30 de maio. A FORZA DO RÍO CHONIA (Trazo). Descubrindo muíños e batáns escondidos. Distancia aproximada: 20 Km. Dificultade media-baixa.
- 6 de xuño. CAMIÑOS DE CAIÓN (A Laracha). Os máis amplos horizontes cara o mar dende os mellores altares. Distancia aproximada: 14 Km. Dificultade baixa.
- 13 de xuño. TERRAS ALTAS DE SONEIRA (Zas). Soneira dende os balcóns salvaxes de Pico de Meda. Distancia aproximada: 16 Km. Dificultade media-baixa.
Inscricións
- Base de Protección Civil de Carballo. Edificio Ambulatorio vello. 2º andar. De luns a venres de 9:30 a 13:30h
- Espazo da Natureza de Oza (mércores, xoves e venres, de 17 a 20h).
Prezos: non socios/as (6 e 3€) / socios/as: 3 e 1€
Saídas dende a rúa Venezuela.