Participación veciñal

Participación veciñal

[Casa do Concello]
Praza do Concello, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 700     
Fax: 981 702 858
secretarioalcaldia@carballo.gal

OS SORTEOS DOS BONOS, CADA UN DELES DE 500 EUROS, SERÁN OS DÍAS 21, 28 E 31

Vázquez y Reino reforza a campaña conxunta de comercio e hostalaría co sorteo de 6 premios por un total de 3.000 euros

O conselleiro delegado da empresa e o presidente do CCA presentaron o acordo de colaboración acompañados polo alcalde

Mércores 16 de decembro do 2020

Diego Vázquez, Evencio Ferrero e Ricardo Pallas, no acto

Diego Vázquez, Evencio Ferrero e Ricardo Pallas, no acto

A campaña conxunta impulsada polo Centro Comercial Aberto (CCA) e a Asociación de Hostalaría ten un novo colaborador: a construtora Vázquez y Reino reforza esa iniciativa cun total de 3.000 euros que se repartirán en seis premios de 500 euros cada un. O conselleiro delegado da empresa carballesa, Diego Vázquez, e o presidente do CCA, Ricardo Pallas, deron a coñecer hoxe este acordo de colaboración nun acto ao que tamén asistiu o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero.

“Hoxe é un día de gran satisfacción porque sen dúbida esta é unha importante colaboración. Vázquez y Reino é unha empresa cunha longa traxectoria de apoio á sociedade carballesa, e agardamos que os consumidores de Carballo tamén a valoren”, manifestou o presidente do CCA.

Evencio Ferrero: "Carballo é comercio, cultura, deporte, compromiso social... e a todo iso tamén se colabora con accións coma esta, porque as sociedades vanse engarzando a base de compromisos por parte de quen as compoñemos”

Diego Vázquez asegurou que tomar a decisión de colaborar coa campaña “Este Nadal pasámolo xuntos, seguro!” foi moi doado. “É a consecuencia dunha aposta decidida do Concello de Carballo polo investimento, que supón un cambio evidente que se ve na transformación que está a experimentar Carballo e tamén na actividade económica”, declarou. “No noso caso _engadiu_, temos cen traballadores directos e xeramos nesta comarca outros cen postos de traballo indirectos. Os tres irmáns Vázquez Reino sempre tivemos claro o noso compromiso co noso pobo, no seu momento destinando un 1% da facturación a entidades sociais e agora axudando tamén ao comercio e a hostalaría porque o están pasando mal. É unha forma de devolver ao pobo de Carballo o que nos dá, e agardamos que despois desta achega veñan outras”.

O alcalde de Carballo subliñou que empresas como Vázquez y Reino levan o bo nome de Carballo por onde van e contribúen a dotar o noso concello dun “plus de calidade”. Evencio Ferrero destacou a gran capacidade de investimento que ten o noso concello, e que constitúe, “unha fortaleza, porque eses investimentos crean emprego e recursos que serven de maneira indirecta para fortalecer ao comercio, que é un sector que tamén necesita apoios. E despois da boa acollida que tivo en novembro a tarxeta Sempre Carballo, hai que seguir mantendo ese músculo comercial”. Nese sentido, o alcalde felicitou ao CCA e á Asociación de Hostalaría pola campaña que están a desenvolver e fixo un chamamento á cidadanía para que aposte polo local. “Carballo é comercio, cultura, deporte, compromiso social... e a todo iso tamén se colabora con accións coma esta, porque as sociedades vanse engarzando a base de compromisos por parte de quen as compoñemos”, rematou.

Sorteos

Os premios que achega Vázquez y Reino sumaranse a todos os incluídos na campaña conxunta de comercio e hostalaría, que está en marcha ata despois de Reis. Deste xeito, os días 21, 28 e 31 de decembro realizaranse os sorteos dos vales por importe de 500 euros para consumir en Carballo.

Ricardo Pallas aproveitou a rolda de prensa para pedir aos dous sectores económicos implicados na campaña que, agora que se flexibilizan as restricións pola COVID-19, extremen o control das normas de prevención.

Compartir: