Participación veciñal

Participación veciñal

[Casa do Concello]
Praza do Concello, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 700     
Fax: 981 702 858
secretarioalcaldia@carballo.gal

O Consello Parroquial de Aldemunde valorou positivamente os investimentos realizados e o proxecto para arranxar a escola

Na xuntanza xurdiu a posibilidade de constituír unha asociación de veciños para dinamizar o local

Xoves 17 de outubro do 2019

Na xuntanza, presidida polo concelleiro Luis Lamas, participaron 16 veciños e veciñas, ademais dos representantes dos grupos políticos

Na xuntanza, presidida polo concelleiro Luis Lamas, participaron 16 veciños e veciñas, ademais dos representantes políticos

Aínda que faltan algúns detalles, como a colocación dunha varanda de protección ou o axardinamento, que, tal como se decidiu unanimemente, non incluirá a plantación de hedra para cubrir o muro de contención, o Consello Parroquial de Aldemunde valorou moi positivamente a obra da nova praza.

Para que a actuación sexa integral, xa está elaborado tamén un proxecto de acondicionamento da antiga escola. Pero ademais de pintar o edificio e de renovar o tellado e as ventás, é posible que sexa preciso acometer outras actuacións, porque na xuntanza celebrada este mércores púxose sobre a mesa a posibilidade de constituír unha asociación veciñal para intentar dinamizar ese novo recurso do que disporá a parroquia, sobre todo pensando nas persoas maiores.

A falta de que esa idea se concrete, o Consello Parroquial de Aldemunde continúa a traballar para mellorar os servizos e as infraestruturas. Neste sentido tamén se valorou moi positivamente a actuación realizada na pista da Braña das Cubas ou o feito de que no próximo PEIM figuren dous camiños da parroquia.

Os danos na rede viaria causados polas empresas madeiristas, a limpeza da contorna da marquesiña de Aldemunde de Arriba, a colocación de dous puntos de luz e o acondicionamento de camiños na Ribeira da Pena tamén foron temas de conversación durante a xuntanza, a máis numerosa das celebradas en Aldemunde con 16 veciños e veciñas, ademais dos representantes dos partidos políticos. Nesta ocasión, a xuntanza estivo presidida polo concelleiro Luis Lamas.

Compartir: