Participación veciñal

Participación veciñal

[Casa do Concello]
Praza do Concello, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 700     
Fax: 981 702 858
secretarioalcaldia@carballo.gal

O Consello Parroquial de Cances aposta por dar continuidade ás actuacións de mellora da rede viaria

Completada a pavimentación do recinto do Centro Social, solicitada en reunións anteriores

Venres 4 de outubro do 2019

Recinto do Centro Social de Cances

Recinto do Centro Social de Cances

A parroquia de Cances dispón dun novo espazo público acondicionado non só para a celebración de eventos multitudinarios coma a Festa do Pichorro, senón tamén como aparcamento para as persoas usuarias do Centro Social. A pavimentación do recinto era unha insistente demanda do Consello Parroquial cuxa execución quedara comprometida na xuntanza do pasado mes de febreiro e que xa é unha realidade, como puideron comprobar os/as asistentes á reunión deste xoves.

Pero a medida que se van cumprindo uns obxectivos van xurdindo outros, e a prioridade marcada polo Consello Parroquial de Cances nesta ocasión é darlle continuidade ás actuacións de mellora da rede viaria, tanto con asfaltados ou pavimentacións con cemento, segundo os casos, coma, sobre todo, co acondicionamento e a limpeza dos camiños de zahorra. Con respecto á eliminación de maleza das beiras das vías, o alcalde, Evencio Ferrero, apuntou que están practicamente listas as asfaltadas e que nun prazo aproximado de tres semanas empezarán a limparse as outras.

O Consello Parroquial reuniuse o xoves 3 de outubro

O Consello Parroquial reuniuse o xoves 3 de outubro

O Consello Parroquial de Cances, que durou unha hora, contou coa participación de representantes do BNG, o PP e Terra Galega.

Compartir: