Participación veciñal

Participación veciñal

[Casa do Concello]
Praza do Concello, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 700     
Fax: 981 702 858
secretarioalcaldia@carballo.gal

O Consello Parroquial de Entrecruces revisará as necesidades de reposición de puntos de luz

O local social, que está case rematado, abriu as súas portas provisionalmente para a xuntanza celebrada este mércores 27

Xoves 28 de xuño do 2018

A reunión celebrouse no renovado centro social, que está case rematado

A reunión celebrouse no renovado centro social, que está case rematado

As diferenzas entre veciños/as centraron a xuntanza do Consello Parroquial de Entrecruces, pero aínda así conseguiuse certo avance de cara á resolución das necesidades da parroquia. Un dos temas polo que máis preocupación amosaron as persoas asistentes -algunhas delas por primeira vez- foi o alumeado. O alcalde, Evencio Ferrero, ofreceuse a visitar a parroquia unha vez máis para, acompañado por veciños/as de cada lugar, revisar as peticións concretas e estudar a súa posible inclusión na ampliación do contrato que está en marcha.

Ademais do centro social, que xa ofrece unha imaxe completamente renovada e que quedará listo nos vindeiros días, outra das principais demandas de consellos anteriores, a ampliación da rede de saneamento, tamén será realidade en breve. Evencio Ferrero explicou a anómala adxudicación das obras da Redonda, A Igrexa, O Piñeiro e Outeiriños despois de que renunciasen tres empresas, “algo que nunca pasara nos 15 anos que levo de alcalde”, asegurou. Pero agora xa hai empresa e este verán empezarán as obras, que se completarán co arranxo das vías afectadas, tal como reclaman os residentes.

Na xuntanza deste mércores volveu a falarse, entre outras cuestións, de ampliación do servizo da recollida de lixo ou o ensanchamento de estradas, que o alcalde supeditou á cesión do solo por parte dos/as propietarios/as. Tamén se reiterou a petición de parques infantís, que se condicionan á existencia de usuarios/as potenciais, ou biosaudables, polos que non aposta o goberno municipal porque os que hai case non teñen uso.

Ademais, e dado que a anterior petición non obtivo resposta, Evencio Ferrero comprometeuse a reiterar a Aucasa a solicitude de instalación dunha parada de autobús no San Martiño, para facilitar a mobilidde dos veciños e veciñas de Entrecruces que se desprazan a Carballo no transporte público.

Compartir: