Mercado Municipal

Mercado Municipal

Mercado Municipal
Praza do Concello, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 700 310

Horarios: 

L-V: 8.00-14h e 17-22h
Sábados: 8.30-14h
Domingos de feira: 8.30-15h

O posto informativo sobre os programas de compostaxe do Concello de Carballo chegou hoxe ao Mercado Municipal

A xornada informativa sobre a recollida selectiva dos residuos orgánicos e o aceite coincidiu coa instalación no edificio de novas papeleiras de reciclaxe

Xoves 21 de abril do 2022 Mercado Municipal

O concelleiro Juan Seoane, no posto informativo sobre compostaxe

O concelleiro Juan Seoane, no posto informativo sobre compostaxe

Divulgar entre a poboación a importancia de realizar unha correcta separación dos residuos en orixe é o obxectivo de campañas como a que se desenvolveu hoxe no Mercado Municipal por parte das concellarías de Feiras e Mercados e Medio Ambiente.

O posto informativo sobre os programas de compostaxe estivo instalado durante toda a mañá no interior do edificio, coincidindo co mercado semanal na Praza do Concello. Por el pasaron numerosos veciños e veciñas para recoller bolsas de compostaxe, funís para o aceite, compost e, sobre todo, para sumarse á iniciativa de compostaxe doméstico que se desenvolve na zona rural. E tamén pasou o concelleiro de Feiras e Mercados, Juan Seoane, para interesarse pola acollida da iniciativa.

A participación en calquera dos programas, tanto “Ti tes a chave” na zona urbana coma o de compostaxe doméstica na rural, está aberta de xeito permanente. Para sumarse ao primeiro abonda por pasar polas oficinas da empresa concesionaria do servizo de recollida de residuos, situadas nas galerías da rúa Desiderio Varela, número 34, ou cubrir este formulario. En canto á solicitude dun composteiro para vivendas do rural cunha parcela mínima de 50 metros cadrados, só hai que descargar o impreso de solicitude e presentalo no Rexistro Municipal.

As novas papeleiras teñen compartimentos para tres tipos de residuos

As novas papeleiras teñen compartimentos para tres tipos de residuos

A presenza do stand informativo no Mercado Municipal coincidiu coa instalación de novas papeleiras de reciclaxe no edificio, unha iniciativa da Concellaría de Feiras e Mercados que vén reforzar as accións das áreas de Medio Ambiente e Servizos para seguir avanzando cara unha xestión dos residuos cada vez máis sostible. As novas papeleiras caracterízanse por dispoñer de tres compartimentos: un para papel e pequenos envases de cartón, outro para envases de plástico e un terceiro para materia orgánica. A información sobre o tipo de residuos que se poden depositar en cada un deles figura, con cores diferenciadas, tanto en texto como a través de pictogramas para facilitar a súa comprensión.

Compartir: