Mercado Municipal

Mercado Municipal

Mercado Municipal
Praza do Concello, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 700 310

Horarios: 

L-V: 8.00-14h e 17-22h
Sábados: 8.30-14h
Domingos de feira: 8.30-15h

Carballo aposta pola economía social como xeradora de oportunidades para un futuro máis sustentable

Unha vintena de empresas e entidades participarán este domingo 12 na Feira do Mercado Social organizada pola Oficina de Promoción Económica

Xoves 9 de decembro do 2021

Evencio Ferrero, Helena Sanmamede, Paula Lema e Xosé Regueira

Evencio Ferrero, Helena Sanmamede, Paula Lema e Xosé Regueira

En pleno proceso de transformación cara unha Europa máis ecolóxica, máis dixital e máis resilente, o Concello de Carballo aposta pola economía social como xeradora de oportunidades que nos permitan aproveitar o potencial do noso concello para desenvolver novos proxectos ligados á economía circular e a sustentabilidade. “Temos que xerar oportunidades, emprego e riqueza, pero tamén debemos ser quen de conseguir que o territorio siga estando en bo estado dentro de cincuenta anos”. Estas palabras de Xosé Regueira, concelleiro de Promoción Económica, resumen o obxectivo da Feira do Mercado Social que se celebrará este domingo na planta alta do Mercado Municipal. Será a primeira de Galicia, e para levala a cabo contamos coa colaboración de REAS Galicia, a Rede de Economía Alternativa e Solidaria de Galicia, como explicou Paula Lema, técnica de Promoción Económica.

Hoxe presentamos a iniciativa. Helena Sanmamede, no nome de REAS, agradeceu a aposta do Concello de Carballo pola economía social e deu a coñecer o programa de actividades que se desenvolverán ao longo do domingo. Unha vintena de empresas e entidades de economía social exporán e venderán os seus produtos na planta alta do Mercado Municipal, na que ademais haberá mesas de debate, música, actividades infantís... “É o formato convencional dunha feira, pero coa particularidade de que está enmarcada na economía social”, explicou Helena Sanmamede. “O obxectivo da rede REAS é promover a economía social, cuxo fin último é a mellora da calidade de vida das persoas e do planeta, xerar un beneficio que reverta na sociedade e acadar un compromiso de sustentabilidade”, engadiu.

O alcalde de Carballo, que pechou o acto, utilizou o título do espectáculo infantil, “Utopía”, para citar a Galeano e convidar á sociedade a “seguir traballando pola utopía”. Evencio Ferrero vinculou a Feira do Mercado Social ás nosas feiras tradicionais e animou á veciñanza a aproveitar o Nadal para facer “unha compra máis solidaria”.

No cartel atoparás o programa completo.

Compartir: