Plan de Formación da BDT
A Bolsa de Traballo Municipal desenvolve con regularidade cursos e accións formativas destinados a mellorar as posibilidades de inserción laboral das persoas inscritas na BDT.
As temáticas dos cursos escóllense en función das demandas de emprego que formulan as empresas e das necesidades dos usuarios e usuarias da bolsa.
Os procesos de selección realízanse dende a propia BDT e todos os cursos para desempregados son de carácter gratuíto.