Iniciación á ornitoloxía, a píllara
Mércores 3 de xullo do 2024 De 10:30 h a 13:30 h no aparcadoiro da Praia de Baldaio
A píllara está en cría nos meses de verán, por iso debemos coñecela para así aprender a coidala.
Mércores 3 de xullo do 2024 De 10:30 h a 13:30 h no aparcadoiro da Praia de Baldaio
A píllara está en cría nos meses de verán, por iso debemos coñecela para así aprender a coidala.
Sábado 6 de xullo do 2024 10.00 h - Aparcadoiro da Pedra do Sal
Da man do historiador poderás saber mais sobre a historia do noso litoral
Mércores 10 de xullo do 2024 10:30 - 13:30horas - Parking praia de Razo
As crianzas poderán percorrer as pozas da praia acompañadas de monitores que lles informarán do que están vendo e tamén de que todos os seres vivos deben ser coidados.
Do sábado 13 de xullo ata o domingo 14 de xullo do 2024 De 10:30 h a 13:30 h no Espazo de natureza de Oza
No noso bosque de ribeira aprenderás a saber cales son os indicios e as pegadas dos animais que se moven por el.
Mércores 17 de xullo do 2024 Praia de Razo, campo da píllara
As familias asistentes poderán realizar amuletos, xoias ou outro tipo de agasallos coas crebas recollida na praia, un xeito de valorizar o que pensamos que é un residuo.
Sábado 20 de xullo do 2024 10:30 - 13:30horas - Parking praia de Baldaio
Xornada para concienciar á cidadanía da problemática do lixo mariño, os plásticos no mar e nomeadamente os microplásticos.
Mércores 24 de xullo do 2024 De 22:00 h a 01:00 h no aparcadoiro da praia de Baldaio
Descuberta do abraiante mundo das bolboretas nocturnas: Identificación e observación das especies presentes no espazo natural de Baldaio, mediante a posta en práctica de técnicas de estudo baseadas na luz.
Sábado 27 de xullo do 2024 De 10:30 h a 13:30 h no aparcadoiro da Praia de Baldaio
Descubrirás os endemismos e aprenderás que ata mais sinxela das plantas é un tesouro que debemos coidar.
Sábado 3 de agosto do 2024 De 22:30 h a 01:30 h no Espazo da Natureza de Oza
Este ano sumamos unha nova experiencia á ruta nocturna, que é que cando cheguemos a Monteneme contaremos cunha clase maxistral do Profesor Jorge Mira.
Luns 5 de agosto do 2024 Baldaio - 22:30h a 01:30h
Si queres aprender a ler o ceo esta é unha boa oportunidade.
Do mércores 7 de agosto ata o mércores 14 de agosto do 2024 De 10.30h a 13.30h na Praia de Razo - Baldaio
Si xuntas un grupo de 5 amigos/as poderás participar nesta competición que terá a primeira eliminatoria este mesmo día.
Sábado 10 de agosto do 2024 De 10.30 a 13.30h na Praia de Razo
O servizo de salvamento e socorrismo de Carballo é exemplar, por iso este día poderemos ver todo o seu potencial