Cultura

Cultura

- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

Máis de 1.000 estudantes de primaria e secundaria participan no programa de teatro escolar da Concellaría de Cultura

O alumnado dos institutos asistirá este mércores 13 á representación de “Apaga o candil”, a montaxe de Contraproducións dedicada a Carlos O Xestal

Martes 12 de novembro do 2024

Avelino González interpreta

Avelino González interpreta "Apaga o candil"

A Concellería de Cultura desenvolve nos meses de novembro e decembro o programa de teatro escolar, que pretende achegar esta manifestación cultural aos escolares e ofrecerlles aos centros educativo un recurso educativo máis, contribuíndo á formación de novos públicos nas artes escénicas. A proposta chegará nesta ocasión a máis de mil estudantes de once centros educativos.

O programa inclúe dúas propostas de teatro, dirixidas ao alumnado de secundaria e de primaria, que se desenvolverán en horario escolar no auditorio do Pazo da Cultura.

Para o alumnado dos institutos representarase Apaga o candil, da compañía Contraproducións, que achegará a figura de Carlos Díaz O Xestal, carballés de adopción e pioneiro da narración oral, ao público adolescente. Apaga o candil estreouse o ano pasado no FIOT, no marco do Ano do Xestal, promovido polo Concello de Carballo para recuperar e poñer en valor ao gran artista que pasou a maior parte da súa vida entre nós. Os seus contos humorísticos están arraigados na tradición rural e visibilizan os problemas sociais, que o conectaron coa sociedade converténdoo nunha recoñecida e querida figura da cultura popular galega.

Contraproducións ofrecerá dúas funcións o mércores de 13 novembro, unha ás 10.00 h e o outra ás 12.00 h, nas que participarán un total de 450 alumnos e alumnas dos catro centros de secundaria do noso concello.

O espectáculo dirixido a educación primaria, concretamente a 4º e 5º, será Wombo Combo, da compañía Galeatro, que achegará ao público máis novo o acoso escolar e á realidade virtual, que invaden cada vez máis a vida dos cativos, e tamén dos adultos. Estas funcións terán lugar o xoves 12 de decembro ás 10.30 h e ás 12.00h. Está previsto que participen oito centros educativos de primaria, cun total de 600 nenos e nenas.

Compartir: