Cultura

Cultura

- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

Talento dixital e audiovisual galego na xornada inaugural do festival de contidos dixitais Carballo Interplay

O alcalde e o concelleiro de Promoción Económica Turismo participaron no acto de apertura xunto cun nutrido grupo de estudantes

Xoves 4 de abril do 2024 Cultura

O Carballo Interplay comezou este xoves cunha xornada na que a creación galega dixital e audiovisual foi a protagonista xunto cun nutrido grupo de estudantes da Escola de Imaxe e Son da Coruña, da UDC e do IES Agra de Leborís da Laracha, que encheron a planta alta do mercado municipal, sede este ano do festival de contidos dixitais.

O festival comezou coa presentación desta undécima edición da man das directoras, Sonia Méndez e Andrea Villa, que destacaron o cambio de ubicación, pois é a primeira vez que se celebra no Mercado Municipal, no “corazón da vila”. Na presentación participaron Jacobo Sutil, director de AGADIC; Natividade González, deputada da cultura da Deputación de A Coruña; Xosé Regueira, concelleiro de Promoción Económica e Turismo de Carballo, e Evencio Ferrero, alcalde da vila.

As institucións destacaron o papel do Carballo Interplay como dinamizador da industria audiovisual e vontade de promoción da industria e os talentos dixitais de Galicia. As directoras do festival dedicaron unha lembranza a El Hematocrítico, amigo do festival e unha das voces máis queridas da rede, que faleceu fai uns meses.

Programa do venres

O festival de contidos dixitais Carballo Interplay dedicará parte da xornada do venres 5 de abril á Zona Pro, un espazo de reflexión e xuntanza no que voces relevantes do mundo dixital e audiovisual conversarán sobre temas de actualidade e tendencias nestes eidos. Falarase do éxito da rexouba e a nostalxia na rede cos xornalistas Juan Sanguino, Raquel Piñeiro e Anxo F. Couceiro, do estado dos podcast e web series co investigador e director de Estación Podcast Nacho Gallego e co cineasta Joël Bassaget. O lanzamento de OTT nas televisións autonómicas CRTVG e EITB, de Euskadi será outro.

E pola tarde:
18:00 - 19:00 | Taller aberto creación dixital con Pol Mallafré (Mokudrames)
19:00 - 20:30 | Series “Experiencias de vida”
22:00 - 23:30 | SHOW XD con Xavi Daura
23:30 - 00:30 | Series hora golfa “Risas que dan vida”

Compartir: