Cultura

Cultura

- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

VENRES 3 DE NOVEMBRO

Unha performance de Antón Reixa pecha os actos de homenaxe a Manuel Facal no seu 80º aniversario

Mércores 1 de novembro do 2023 Cultura

Dentro do programa de actividades conmemorativas do 80º aniversario do artista Manuel Facal, o venres 3 de novembro ás 20:30 horas no Espazo Casino 1889, celébrase o espectáculo multidisciplinar de música, vídeo e poesía  que presenta en Carballo coa performance ConCerto DesconCerto. Tomará a palabra Miguel Anxo Fernán Vello, en nome da comisión organizadora, para dar a benvida ao público asistente e presentar ao poeta Antón Reixa. O acto é de entrada libre como todos os realizados e pecha a programación da Homenaxe a Manuel Facal deste ano 2023.

Antón Reixa. Vigo, 1957. É un dos maiores representantes da cultura galega contemporánea. Renovador da poesía desde os anos 70, destaca tamén como intérprete musical, produtor e creador en varias das linguaxes audiovisuais. Desde os anos 90 Reixa converteuse ademais en figura popular comparecendo a través dos medios televisivo e radiofónico.

Estudou Filoloxía Galega na USC e entrou en contacto coas vangardas literarias. En 1976 fundou, xunto con outros autores o Grupo de comunicación poética Rompente. A vertente literaria de Reixa iníciase, cando publica nese colectivo Silabario da turbina e dentro da editora do mesmo nome a obra individual As ladillas do travesti. Seguiron ata a actualidade numerosos títulos de poesía. Nun breve período foi profesor de lingua e literatura galegas, mais abandonou o traballo docente para profesionalizarse nos eidos da música, da videocreación e do audiovisual, desenvolvendo diversos labores (director, guionista, produtor, etc.) e asinando algún dos maiores éxitos do sector no noso idioma.

No ano 1982 fundou o grupo Os Resentidos que participou da movida viguesa colaborando con Siniestro Total. Realizou tamén incursións na radio e nos xornais como editor de páxinas culturais ou columnista.Foi presidente da Sociedad General de Autores de España. En 2021 concedeuselle a Medalla de Ouro ao Mérito das Belas Artes.

Mesa redonda sobre as artes plásticas contemporáneas

Dentro do programa de actividades conmemorativas do 80º aniversario do artista Manuel Facal, o xoves 19 de outubro celebrouse no Espazo Casino 1889 unha mesa redonda sobre as artes plásticas contemporáneas en Galicia na que participaron Correa Corredoira, Manuel Vilariño e Xosé Antón Castro.

Correa Corredoira falou da súa relación con Facal dentro do Grupo Atlántica e fixo un repaso do seu percorrido creativo, a súa admiración polo labor e a técnica na súa etapa como gravador e tamén sobre as súas reflexións teóricas plasmadas nos seus libros.

Manuel Vilariño
lembrou que a súa relación con Facal comezou na etapa londinense nos anos setenta na que compartiron piso e falou dunhas fotografías que lle realizou no seu estudio de Carballo nos anos noventa e que a Fundación espera recuperar para o seu arquivo. 

Xosé Antón Castro fixo unha introdución histórica das artes plásticas do século vinte en Galicia, dende a vangarda nacionalista dos anos vinte e trinta, pasando por Laxeiro, o grupo Atlántica, etc. Falou das obras dos tres artistas presentes, de Correa, de Vilariño e de Facal, sobre o que ten publicados varios ensaios, salientou o seu longo percorrido creativo, o seu labor como gravador, as carpetas e libros de artista, da obra pictórica, a súa actividade teórica e algúnhas das súas aportacións máis recentes.

Compartir: