Cultura

Cultura

- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

O valenciano Sergio Iborra Colomer gaña o concurso do cartel de San Xoán cunha proposta que recolle os símbolos da festa

Xoves 25 de maio do 2023

Despois de dúas edicións de gañadores carballeses, este ano o premio do concurso do cartel do San Xoán viaxa ata Valencia. A proposta presentada por Sergio Iborra Colomer foi a escollida polo xurado entre todas as presentadas ao certame, que está dotado cun premio de 450 euros patrocinado por Opticalia Enríquez.

Licenciado en Ciencias da Información, na especialidade de Publicidade e Relacións Públicas, Sergio Iborra, natural de Xátiva, convértese en gañador do concurso cunha proposta innovadora pero fiel á tradición, que recolle os principais símbolos da nosa festa. O lume, as sardiñas, a maxia da noite meiga e mesmo os barcos de papel que baixan cada ano polo río Anllóns na Festa do Bosque forman parte do cartel.

O currículo profesional do gañador (director creativo, profesor de marketing, departamentos de comunicación institucionais e privados...) é tan extenso como o seu palmarés de premios, que neste 2023 está a aumentar a unha velocidade de vertixe.

O deseño deste ano competiu cunha vintena de carteis chegados dende diversas localidades. O xurado estivo composto polos membros da comisión de festas.

Compartir: