O Carballo Interplay convértese na súa décima edición no epicentro da creación galega e en galego para a xente nova
Xoves 30 de marzo do 2023 Cultura
Xosé Regueira, Sonia Méndez, Alejandro Rodríguez e Evencio Ferrero
Despois dunha primeira xornada protagonizada polo proxecto de Dinoescolas e a estrea en exclusiva do show Dando a turra, o Carballo Interplay ten este xoves o seu primeiro día completo de programación. O Festival de Contidos Dixitais volve a ser o epicentro da creación galega e en galego, especialmente para a xente nova, nun día cheo de actividades centradas nos contidos audiovisual e en redes.
A xornada inaugural comezou ca proxección das pezas da primeira edición de Dinoescolas, un proxecto pensado para fomentar a creación galega e en galego entre a mocidade galega. Foron seleccionadas seis creacións, do IES Máximo Romero de Lema, Val do Asma, A Cachada e a escola de Imaxe e son, e as gañadoras do certame Dinoescolas foron Desconectados e Flipped Classroom.
A continuación, as autoridades presentes, Jacobo Sutil, director de AGADIC; Alejandro Rodríguez, representante de CREA; Xosé Regueira, vicepresidente da Deputación da Coruña e concelleiro de Turismo e Promoción Económica de Carballo; Evencio Ferrero, alcalde de Carballo, e Sonia Mendez, directora do festival, deron a benvida á edición.
Dando a turra
Xusto despois daba comezo o primeiro show, a estrea en exclusiva de Dando a Turra. Este talk show feito á galega estará presentado por Belén Puime e Uxía Vazquez, con convidadas da talla de Miguel Canalejo, Hydn, Xulia Lomba e Eira. Nesta conversa entre amigas, os temas máis recurrentes foron as preocupacións polo futuro, a precariedade laboral e a importancia dos coidados.
XOVES 30 DE MARZO
O xoves 30 continúa o talento galego con énfase nas webseries e nas redes sociais. Este é o programa:
- 11.00 h. O outro lado da pantalla. Unha historia underground da internet galega, con María Yañez.
- 12.00 h. Petiscos no Derby con Carme D. Prol, Nico Carreira, Adrián Lede, Sara Seco, Carla e Marcos de Todo Mal, Meryfos e Totakeki
- 17.00 h. Sección Oficial. Bloque Movidas Humanas
- 18.30 h. Pitching proxectos webserie en galego
- 20.00 h. Estrea de Mentres non chova, gañadora do mellor proxecto de serie web no 2022
- 23.00 h. Sesión golfa: series máis gamberras da década do Interplay