As concellarías de Cultura e Normalización Lingüística unen forzas para encher de actividade a Biblioteca Rego da Balsa
Contacontos, obradoiros, cine, música e literatura conforman a programación para o primeiro trimestre deste 2023
Venres 20 de xaneiro do 2023
Maruxa Suárez e Marcos Trigo presentaron o programa
Nos primeiros meses deste 2023 non só teremos cultura con forza no auditorio do Pazo da Cultura, senón tamén na Biblioteca Rego da Balsa. As concellarías de Cultura e Normalización Lingüística unen forzas para encher de actividade este fermoso e acolledor espazo municipal, no que dende ata finais de marzo terán cabida os contacontos, os obradoiros, o cine, a música e, por suposto, a literatura. Hoxe o concelleiro Marcos Trigo e a concelleira Maruxa Suárez presentaron un cartel cheo de actividades para bebés, nenos e nenas, adolescentes, mozos e mozas e persoas adultas, e lembráronos que #abibliomola.
Bótalle unha ollada ao programa!