Cultura

Cultura

- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

En Carballo temos cultura en cantidade e con calidade: cultura con forza!

Xoves 19 de xaneiro do 2023 Cultura

Presentación de Cultura con Forza

Presentación de Cultura con Forza

Volve a Cultura con Forza e nesta ocasión tráenos 25 interesantes propostas que nos acompañarán durante os primeiros meses do ano. A calidade de todas e cada unha delas son a mostra evidente da fertilidade da cultura, dos creadores e creadoras locais, dos e das artistas que nos presentan as súas obras e que nos fan gozar con elas, emocionándonos e convidándonos á reflexión.

Teatro, música, danza, cine e exposición conforman este programa diverso e xeneroso no que, do mesmo xeito que teñen cabida todas as manifestacións culturais, tamén a teñen todos os públicos. E con esta expresión tan carballesa que utilizamos como lema do programa reivindicamos tamén a capacidade da cultura para darnos forza.

O concelleiro de Cultura, Marcos Trigo; Alba Bermúdez e Tone Martínez, de Galeatro; o deputado provincial de Cultura, Xurxo Couto; o director da Agadic, Jacobo Sutil, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, presentaron, como podedes ver no vídeo, un programa que inclúe 5 longametraxes do ciclo Amal en Ruta, 5 espectáculos de teatro para adultos, 2 espectáculos para desfrutar en familia, 2 musicais para todos os públicos, 5 de danza e 4 exposicións, ademais doutras propostas como os concertos do CMUS, o Curruncho Pop ou as actividades para nenos e nenas de 0 a 6 anos incluídas no proxecto Apego.

Carballo é o gran escenario cultural da Costa da orte pola calidade e a diversidade das propostas que presentamos, as máis relevantes do panorama cultural galego do momento. A organización de Culltura con Forza recae unha vez máis na Concellaría de Cultura do Concello de Carblalo, coa colaboración da Rede Galega de Teatros e Auditorios e da Deputación da Coruña.

Descargas

Vídeos

Compartir: