Cultura

Cultura

- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

CONSULTA AQUÍ O PERCORRIDO DA CABALGATA

A Concellaría de Cultura xa ten todo listo para a visita anual dos Reis Magos a Carballo

Martes 3 de xaneiro do 2023 Cultura

Este ano recuperamos a recepción no vestíbulo da casa do concello (foto de arquivo)

Este ano recuperamos a recepción no vestíbulo da casa do concello (foto de arquivo)

Estamos na conta atrás da visita anual dos Reis Magos a Carballo e no departamento de Cultura xa o temos todo preparado para que o reencontro de Melchor, Gaspar e Baltasar coa rapazada, despois de dous anos de restricións, resulte o máis próximo, emotivo e seguro posible. E para que sexa así contamos coa colaboración dos servizos municipais de Protección Civil, Policía Local e Brigada de Obras, así coma da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil e dos Bombeiros de Carballo.

Estamos na conta atrás da visita anual dos Reis Magos a Carballo e no departamento de Cultura xa o temos todo preparado para que o reencontro de Melchor, Gaspar e Baltasar coa rapazada, despois de dous anos de restricións, resulte o máis próximo, emotivo e seguro posible. E para que sexa así contamos coa colaboración dos servizos municipais de Protección Civil, Policía Local e Brigada de Obras, así coma da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil e dos Bombeiros de Carballo.

A cabalgata de Reis sairá ás 17.30 horas do Centro Comercial Bergantiños-Gadis Híper. No seu percorrido pasará pola avenida Ponte da Pedra, a avenida de Malpica, Pedra Furada, rúa Mirtos, Fábrica, avenida das Flores, Rosas, Begonias, Camelias, Xasmíns, avenida da Cristina, Poñente, Luis Calvo, Alexandre Bóveda, avenida de Fisterra, Río Anllóns, avenida da Milagrosa, rúa Compostela, A Brea, Cemiterio, rúa Verdillo, Sol, Martín Herrera (parada na igrexa parroquial), Jacinto Amigo, Gran Vía, Doutor Fleming, avenida de Bergantiños, Vila de Ordes, Vila de Noia, Vila de Corcubión, Gran Vía, Vázquez de Parga, Camiño Novo, Ponte, Perú, Enrique Sánchez, Ánxel Fole, Valle-Inclán e Colón, onde rematará.

O percorrido ten unha duración aproximada de dúas horas, e este ano recuperamos a tradicional recepción dos Reis Magos aos nenos e nenas do vestíbulo da casa do concello. A partir das 19.30 horas, e ata a chegada das Súas Maxestades, na carpa instalada na Praza do Concello haberá animación musical co Picadiscos Mari Faltri.

A Concellaría de Cultura conta tamén coa colaboración do Grupo Dimolk, que achega os vehículos para a tracción das carrozas, e de Gadisa e CaixaBank, que doan caramelos.

As persoas que queiran saber en que punto se encontran as carrozas reais en cada momento ou que queiran seguir a cabalgata en streaming poderán facelo a través da plataforma www.carballoenrede.com. Pincha na ligazón inferior.

RECOMENDACIÓNS DE SEGURIDADE

  • Os distintos servizos encargados da seguridade durante a celebración da Cabalgata dos Reis, Protección Civil e Policía Local, recomendan a todos os pais, nais e asistentes que teñan vixiados en todo momento aos nenos e nenas que acudan a este acto e garden a distancia de seguridade con respecto ás carrozas, e nunca situarse diante das mesmas. Non está permitido achegarse a elas.
  • Prégase tamén aos maiores que faciliten aos nenos as primeiras filas e espazos para que os máis cativos poidan ver mellor aos Reis.
  • Non se debe subir ao mobiliario urbano nin a varandas que poidan ser inestables e perigosas.
  • Advírtese sobre a extrema precaución cos carros dos bebés, que non sobresaian das liñas do público marcada polos servizos de seguridade.
  • Non se pode invadir a calzada e débese impedir que os menores entren en zonas delimitadas para o desfile. Débense respectar en todo momento as indicacións sobre as liñas para o público marcadas polos servizos de seguridade, non recoller caramelos próximos ás carrozas, nin na calzada e non utilizar paraugas para recoller caramelos, xa que supoñen un perigo engadido para os máis pequenos.
  • En todo momento, débense atender e respectar ás indicacións da organización e servizos de seguridade.
  • Desde a organización pídese e agradécese a colaboración da cidadanía para o correcto desenvolvemento desta actividade e así poder desfrutar desta tarde tan especial para todos.

Ligazóns

Compartir: