Cultura

Cultura

- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

A EXPOSICIÓN ESTARÁ ABERTA DO 20 DE OUTUBRO AO 27 DE NOVEMBRO

ABANCA, Afundación e o Concello de Carballo asinan o convenio para amosar "Múltiple. A arte do gravado de Picasso a Barceló"

As persoas asistentes poderán doar alimentos non perecedoiros para os bancos de alimentos

Martes 11 de outubro do 2022

ABANCA, Afundación e o Concello de Carballo asinaron este martes o convenio para desenvolver a mostra Múltiple. A arte do gravado de Picasso a Barceló. Ao acto asistiron Evencio Ferrero, alcalde de Carballo; Marcos Trigo, concelleiro de Cultura; José Manuel Vilariño, coordinador institucional de ABANCA na Coruña; e Marité Cores, coordinadora da Área de Cultura de Afundación. 

A mostra poderase contemplar na sala de exposicións Alberto Gende, no Pazo da Cultura, desde o 20 de outubro ata o 27 de novembro, en horario de luns a sábado de 16.30 a 21.00. O acceso será, coma sempre, libre e de balde.

A través dos artistas máis destacados do século XX español, esta exposición pretende dar a coñecer as técnicas tradicionais do gravado calcográfico e as súas variantes, en especial a xilografía, a litografía e a serigrafía. En ocasións, a delimitación entre unha técnica e outra non é tan nítida xa que os artistas actuais son quen de mesturar as distintas técnicas e mesmo inventárense outras novas.

Esta mostra é froito da colaboración enmarcada no proxecto Corrente cultural, que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. Grazas a este proxecto, Afundación, a Obra Social de ABANCA, impulsa a capilaridade da cultura en Galicia, ampliando a oferta artística máis aló das súas sedes e trasladándoa ás localidades galegas para desenvolver tamén nelas as actividades da entidade.

Arte e solidariedade

Ademais, a exposición enmárcase na iniciativa Cultura por alimentos que Afundación leva a cabo en colaboración con FESBAL (Federación Española de Banco de Alimentos) e que pretende achegar alimentos de primeira necesidade aos bancos de alimentos locais. A entidade invita ás persoas visitantes a colaborar con esta iniciativa a través da doazón de alimentos non perecedoiros no propio Pazo da Cultura.

Compartir: